E XA CASE REMATANDO...
E xa case estamos a piques de rematar, así que vos deixamos algunhas das nosas últimas entradas. Imos aló! NOVAS O 11 de xuño, xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º, iremos de excursión a Santiago para ver o Museo do pobo Galego, a catedral e a casa de Rosalía de Castro. Pasaremos todo o día alí! O 20 de xuño, un día antes de que rematen as clases, todo o alumnado reunirémonos no noso salón de actos para desfrutar de actuacións de baile, cancións e interpretacións intrumentais realizadas por algúns dos nosos compañeiros e compañeiras. Iso si que é unha despedida ao grande porque... XA CHEGAN AS VACACIÓN DE VERÁN! XOGOS Desta volta, na sección de xogos recomendámosvos a páxina da ESA (a Axencia Espacial Europea), onde aprenderemos moito sobre o espazo. Esakids OCIO E CULTURA Estes días poderemos desfrutar con: O sábado 1 de xuño e o domingo 2 de xuño teremos as festas do Santísimo Cristo do Castro. Do sábado 8 de xuño ata o 9 de xuño teremos as festas na honra